sábado, 14 de enero de 2012

Recolle tapóns para Paula


Esta é a miña primeiro post "real" neste novo blog, e faime moitísima ilusión que o tema sexa este.
Moitos de vos ó ver a imaxe, xa saberedes de que vai esto, pero para os que non... fágovos unha brevísima introdución.
Paula é unha rapaciña de 4 anos, que ten unha desas enfermidades raras, agnesia sacra, e para o seu tratamento seus pais tivéronse que trasladar a Alemania, con todo o que eso conleva económicamente. A zona do Barbanza volcouse con esta pequena veciña e levan moitas semanas realizando diferentes actos no seu beneficio: concertos, festivais, postres, próximamente haberá unha subasta cunha chea de agasallos enviados por deportistas, presentadores, cantantes... unha verdadeira cantidade de cousas.
O caso, é que ademais de facer aportacións económicas nunha conta corrente, tamén podemos facer a nosa aportación con algo tan fácil como recoller tapóns de plástico, e depósitalos nalgún dos contenedores dos lugares que nesta dirección se mostran http://g.co/maps/wq5cf , e a noticia que me fai especial ilusión é que xa podo anunciar que en A Estrada, haberá 3 novos contenedores onde poder depositar os tapóns:

- Supermercado Froiz
- Servicio Ponte Liñares (Gasolinera GALP)
- A Santiaguesa

+info: http://www.ayudaapaula.com/ para coñecer mais sobre o seu caso
FB: http://www.facebook.com/PaulaNecesitaAyuda para estar ó tanto das últimas novidades, actos, agasallos para a subasta.


Agradecer tanto a nova, coma os novos contenedores a Dani, e a Eva Rivero por movilizar a todo o país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario