viernes, 27 de abril de 2012

VIDEO: Os rumanos (e as rumanas) chegan para quedarse.


Os que sexades seguidires da música de baile, xa vos dariades conta que últimamente está a  aparecer moita música chegada de Rumanía; desde Inna foi un non parar de temas rumanos, sobre todo porque neles usan moito ó español. Pois non contentos con copar o mercado dance, tamén empezan a querer facer o mesmo cos ritmos mais latinos e pachangas. Se ó final o de que houbera tanto rumano pola rúa, non era casualidade... Quérennos invadir! XD

Pois parece ser que en Rumanía picáronse con Brasil e pensaron... se estes triunfan co chechechere, despois funciona o tacatatacata... pois nos sacamos o rucutu tacatapu e listos..que temble Gustavo Lima que veñen os rumanos a invadir o mercado musical.
O tema xa ten uns cuantos meses, pero eu descubrino esta semana...¿ que lle queredes?

Mirade e opinade.

jueves, 26 de abril de 2012

NOVO VIDEO: Juan Magan e Don Omar (Actualizado)


O tema xa non é novo, pero parece que ó video lle levou tempo facer a dixestión. Pero xa está aquí ó fin "Ella no sigue modas" na versión de Juan Magán e Don Omar, que ademais preséntase coma o primeiro single do album 'Juan Magan: The King Of Dance', que se lanzará nun par de semanas.



miércoles, 25 de abril de 2012

NOVO VIDEO: Pitbull pon a banda sonora de MIB 3


Este home non para! Esta vez para poñerlle sonido á nova entrega de Men in Black, que xa vai pola súa terceira parte (que gusto lle colleron estes americanos ós extraterrestres). "Back in time" é un tema con moitos toques de guitarra que por momentos sona a peli de Tarantino. A min tenme namorado o tema, a ver que pensades vos.


Visita o noso Facebook FB/cheocheo.puntocom

jueves, 19 de abril de 2012

Alguen ve labios que non son da boca



Un dos videoclips mais divertidos, sinxelos , que sube a temperatura (sobre todo para os de termómetro fácil) e cun ritmo fresco e pegadizo é o "Mama Lover" do grupo Serebro. Pois estas tres mulleres, Daniela Blume, Venus e LM, que con Uri Sabat fan o programa de radio "Ponte a prueba" en Europa FM, quixeron facer a súa propia versión e esto é o que saleu.
Salientar que cando o vin e me puxen a ler os comentarios, fíxome gracia un que dicía que se vían labios... e non eran da boca XDD.

Bueno... ahí vos queda.

lunes, 16 de abril de 2012

Juana, a bicicleta de Lugo (Audio)



Gracias a Manolo do Atlético esta mañán descubrín que o meu destino está en Lugo, dando pedal.
Aquí vos deixo un extracto do programa "Hablar por hablar" (canto ben fai este programa á humanidade, jajaja) donde unha rapaza explica o seu problema de ninfomanía... digno de escoitar.

Como me recorda esto ó "Pastor alemán" dos Heredeiros da Crus...


miércoles, 11 de abril de 2012

Set Radio Lider en Discoteca Xata (Caldas de Reis)



Xa non recordo cando foi a derradeira actualización que fixen. Estoume apatronando...
Bueno, o caso é que hoxe vos traio un bo plan para esta fin de semana. O planazo está en Caldas de Reis, na Discoteca Xata.
O venres, Xata ofrécenos un set musical cos locutores de Radio Lider, donde pincharán os temas que mais sonan. Os que gustan mais do latino terán a sua ración con Manu López, e o mais danceros terán o seu tempo con Marcos Magán.
Pero a cousa non remata ahí, senon que ó día seguinte, tamén desde Radio Lider, chegará Dj Charlie ca sús versión do Italian Style para as pistas de baile.

A verdade, é que algo que podería parecer normal, como son unhas sesións de djs, estase a converter nun ben escaso nas nosas discotecas. Entre tanto GH, MHYV, SV e demais animalario que vive no TeleCirco, os locales estanse a convertir en estudios fotográficos, donde ven unha xente para facerse fotos con eles... pois vaia mérito do carallo!
E por eso mesmo quixen destacar estas dúas actuacións, porque está ben que ainda que solo sexa de vez en cando, estas sesións existan, cando menos para xustificar o nome de "discoteca".

Pois o dito, espero que apoiedes estas dúas festas, e agradecer a Xata (Caldas de Reis) que tivesen a iniciativa de facelas.