miércoles, 24 de octubre de 2012

Como se reparten os escanos por provincias

IMAXE: http://www.elidealgallego.com


Despois de intentar explicar como se fai o reparto de escanos en España na entrada anterior, http://cheocheopuntocom.blogspot.com.es/2012/10/asi-se-reparten-os-escanos-en-espana.html hoxe vou intentar despexar outra dúbida acerca de como se reparten en Galicia os escanos por provincias.

É recente a polémica que levantou Alberto Nuñez Feijoo, cando propuxo o reducir o número de deputados no Parlamento galego, xa que os grupos da oposición acusábano de que ese cambio favorecería ó PP, e eu, que nas palabras dos políticos de un e outro bando teño be poca fe, intentei buscar como se facía este reparto entre provincias e cal era este motivo que decía a oposición.

Pois ben, en Galicia elíxense 75 deputados en total, cifra que quedou establecida nuha lei electoral do ano 85, e faise da seguinte maneira: Hai unha parte fixa, que son 10 deputados por provincia, deste modo asegúrase que tódalas provincias teñan un mínimo de reprentación, e os outros 35 deputados restantes, repártense de modo proporcional á poboación que representa cada provincia.
De modo que o reparto final, que daría do seguinte xeito:  A Coruña elixe 24 diputados, Pontevedra, 22, Lugo, 15 e Orense, 14

De forma que o que se propoñía nesa reducción de deputados era eliminar o 20% deses 35 deputados que se elixen en función da poboación, co cal as provincias con menor poboación pasarían a ter un maior peso na composición do Parlamento (e imaxínome que ese sería o problema).

Espero que con este par de entradas desta semana, quede un pouco mais claro de como cal é a relación entre votos e escanos, porque fácil, o que é fácil, non o poñen para entender.

No hay comentarios:

Publicar un comentario