martes, 19 de marzo de 2013

Outro pelotazo de Pitbull en video



 

Uns meses atrás, escoitei este temazo, e desde ese día levo esperando a que saise o video, especulando como podería ser. Un tema coma este, con Pitbull (un dos intérpretes/rapeiros/oucomollequeiraschamar con mais éxito na actualidade), unha voz coma a de Christina Aguilera e un sample tan coñecido coma o de "Take on me" (tema que me encantaba cando estaba en idade de ver "David el Gnomo") merecía que a representación en imaxes, estivese á súa altura.

Pois ben, o concepto que tiña eu na miña cabeza non ten nada que ver con esto (por outro lado non é nada raro) pero certamente... me gusta. A pesar de que moitos quizais pensedes que a música que fai este tío é unha merda, o certo é que arrasa con todo o que fai, rodéase moi ben e sempre fai uns temas que imprimen moi bo rollo e moita festa. Tamén destacar, que ademais de ter algunhas frases vanais, tamén se marca algunha rapeada con mensaxes dignas de escoitar.

Pitbull, guste ou non, creou un estilo e abreu unha nova porta para rapeiros e outras "raras avis" da escena musical. Co seu traxe de Zara, as gafas da feira e o deu "Dale!" revolucionou o panorama musical a base de colaboracións con grandes profesionais.

Bueno, despois de todo ese rollo, vos deixo o vídeo de "Feel this moment"

No hay comentarios:

Publicar un comentario